|
Des de Galiza...
diumenge 30/mar/2014 - 11:37 1485 1
MODESTA PROPOSICIÓN PARA RENUNCIAR A FACER XIRAR A RODA HIDRÁULICA DUNHA CÍCLICA HISTORIA UNIVERSAL DA INFAMIA.
¿Que de qué parte estou, pregúntasme, cravando en min a túa pupila azul…? Da mesma que crin estar sempre, supoño, desde que a miña memoria se perde na néboa en tonos sepias, desde o mesmo momento no que empecei a ter poder de decisión sobre os meus soños, os meus propios medos, dúbidas, e as miñas actitudes e razóns para existir. Sigo a estar de parte da Beleza, dos que nos sentimos na obriga de loitar, desde que o mundo é mundo, polo que sempre nos resultou moralmente xusto e evidente, a pesar de tantas dúbidas, decepcións e diferentes perspectivas de actuación, levando ás costas tantas traicións decepcionantes en vertixinosa e constante cadea contínua de agresións dunha historia de infamia que xa non nos permite ser inxenuos, porque se as víctimas de antes pretenden ser verdugos á súa vez, ¿de qué parte que non sexa sempre a das novas víctimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa?
Lois Pereiro.
|